PORTICO é o metabuscador e xestor de enlaces de recursos electrónicos do Sistema Universitario de Galicia.

Estas aplicacións permiten:
Metabuscador de recursos electrónicos:
- Realizar buscas en varios recursos ó mesmo tempo (metabuscas).
- Buscar recursos electrónicos (bases de datos, portais de revistas, páxinas web, etc).
- Buscar revistas electrónicas e coñecer o seu factor de impacto.
- Acceder ó texto completo se dispoñemos de subscrición.
- Descargar rexistros a Refworks.
- Clique no logotipo da súa universidade para acceder ó metabuscador ...
Buscador e xestor de enlaces de recursos electrónicos:
- Buscar na colección de revistas e libros electrónicos da biblioteca a través da lista A-Z ou de formularios de busca (título, materia, editor ou issn). Débese ter en conta que a busca non se fai no contido das obras, senón nos títulos das mesmas.
- Acceder ao texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares, etc.
- Enlazar dende bases de datos referenciais ou desde os portais dos editores nos que aparece o botón SFX, ao texto completo dos artigos ou dos libros.
- Dispoñer, dende o menú que oferta o SFX, doutras funcionalidades como: consultar o catálogo web da biblioteca, buscar noutros catálogos, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, descargar as referencias en Refworks, coñecer o factor de impacto da revista, lanzar buscas en Google Scholar, etc.
- Clique no logotipo da súa universidade para acceder ó buscador e xestor de enlaces ...
|